¿Por Qué Preservar?
"Rewilding" = Renaturalizar
A deforestación e a degradación en xeral da natureza e os bosques son unha ameaza constante debido a actividades de agricultura non sostible, unha visión única e extractiva de explotación económica da natureza, e unha lóxica unívoca de expansión urbana. Este proxecto busca como contrapartida ou freo ao deterioro financiar accións de conservación, xerando beneficios ambientais e socioeconómicos para as comunidades locais. O impacto é de diversa índole, sendo destacables a mellora da calidade de vida, a saúde física e mental de conservar a natureza como lugar de lecer e por suposto a propia conservación do medio ambiente pero non como un museo, senón como espazos de convivencia equilibrada entre o ser humano e a natureza. Activando a nivel local un equilibrio entre espazos urbanos humanizados e outros onde domine a natureza, canto máis autóctona mellor na busca dos equilibrios naturais e ancestrais das zonas.
Neste punto é especialmente complexa a interacción do ser humano ca fauna, e nese punto, o do formento da biodiversidade tamén se centra, con especial preocupación, o proxecto intentando recuperar os bosques vivos, cos animais correspondentes, en lugar dos bosques silenciosos ou defaunados que ás veces supoñen un esceario imponente sen actores…
Buscando a practicidade exploramos, dende o equipo de investigación, fórmulas xurídicas e de financiación de diversa índole, ca lóxica de atopar modelos escalables ou replicables que poidan usar comunidades de montes, veciños en fincas privadas ou institucións públicas que posúan terreos aínda non urbanizados.
Detrás, además de atopar vías de financiación na chamada economía verde, está a inquietude por poñer en valor a natureza como ben común, ou como se está a utilizar últimamente, como un «servizo ecosistémico» que proporciona espazos de esparcimento, mellora na saúde mental e física, convivencia humana compatible ca natureza e parapeto aos efectos do cambio climático e os denominados incendios de cuarta xeración.
¿qué Beneficios aporta?
Obxectivos
Atopar fórmulas e modelos para que a Comunidades, Administracións e particulares lles compense a preservación máis ala de compartir a lóxica de conservación medioambiental. Especialmente se exploran fórmulas de financiación para os particulares e comunidades de montes, para que vexan na preservación o coidado dun ben común pero tamén unha forma de desenvolvemento económico compatible co mantemento da natureza.
Mitigar o deterioro de espazos naturais e mesmo promover unha preservación autosostible. De conseguirse esta preservación, polo tipo de vexetación de frondosas (carballo, abedul, vidueiro, salgueiro, cereixo e castiñeiro, entre outros) estaríase a contribuír tamén minorar no posible a extensión de incendios forestais.
Ademais, en liña coa axenda ambiental internacional, hai un compoñente importante de recuperación e mantemento da biodiversidade da zona. Alíñase o proxecto con debates actuais sobre a necesidade de compensar a necesidade extractiva de recursos das sociedades actuais. Buscando o equilibrio entre espazos humanizados e espazos para a natureza.
Reducir a
deforestación e recuperar especies autóctonas
Crear un plan
de “refaunación” evitando os bosques silenciosos
Freo “express”
á perda de espazos naturais
economía verde para as comunidades locais
Proxectos en marcha
Rexistros de Fauna (Fotos e vídeos)







Compromiso Medioambiental
O Proxecto de conservación que se presenta, representa unha oportunidade innovadora para que entidades públicas e privadas, ou particulares poidan colaborar co seu compromiso mediombiental.
Contribúe á creación dun modelo a replicar, que desde o contaxio das pequenas experiencias exitosas poida xerar unha protección a maior escala do territorio. Desde o micro ao macro, desde o local ao global. E sen renunciar ao feito certo de que a monetarización invádeo todo, asumindo á contra un esquema onde tamén encaixa a idea de pagar por preservar, como vía alternativa á falta de impulso por outras vías e nomeadamente a tradicional de lexislación medioambiental e políticas públicas. Evitando a museilización da natureza, entendendo que cada entidade local pode prever un espazo para a natureza e outro para o desenvolvemento humano.
O obxectivo final declarado do equipo de investigación da Uvigo é atopar modelos de xestión ambiental por vías alternativas ás habituais, máis rápido ante os avances da deterioración en determinadas zonas, e baseado máis no autoequilibrio natural dos espazos que na man de obra intensiva que esixe a conservación tradicional de espazos naturais. Tenta ademais sempre pensar en claves de impacto económico nas comunidades locais, a fin de lexitimar as iniciativas, en lugar de empregar a máis complexo labor de socialización en valores ou concienciación ambiental, que é moito máis lenta nunha natureza que precisa solucións tan rápidas como avanza a súa destrucción.
dirección do proxecto
Óscar Briones, profesor do Grao de Dirección e Xestión Pública da Universidade de Vigo (UVigo) e do Máster en Dirección Pública e Liderado Institucional, é membro do grupo de investigación Observatorio da Gobernanza. Emprende esta viaxe a modo de proxecto vital -persoal e profesional-, que ten como obxectivo principal a protección do territorio e a biodiversidade e introducir no debate público a necesidade de aumentar o freo ao deterioro dos montes, bosques e espazos naturais, empezando por zonas moi presionadas como os concellos do Salnés nas das Rías Baixas, pero sen unha limitación xeográfica definida.
Para elo utilizará a cobertura científica do equipo de investigación da Uvigo (composto por politologas, expertos en análise de políticas públicas, economistas e xuristas), así como os anos de profesión, investigación e asesoramento, manexando disciplinas como a negociación, a análise de políticas públicas, a investigación científica, a lexilación do sector, o coñecemento do funcionamento das Administracións públicas, dos partidos políticos e gobernos multinivel, e do sector público en xeral.
O proxecto na prensa
Alianzas do Proxecto
Institucións e Empresas colaboradoras
ASADORES DE AROUSA
CONCELLO DE CORCUBIÓN
COMUNIDADE DE MONTES DE SOBRÁN
CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA
Comunicación - Contacta
¿interésache o Proxecto?
Asociacións, empresas, particulares ou Administraciónns públicas interesadas no proxecto de creación e preservación de bosques autóctonos nas súas áreas locais, en calquera zona de Galicia, poden escribir ao equipo de investigación co fin de promover unha iniciativa semellante aumentando os espazos desta Rede de Bosques Atlánticos creada recentemente polo equipo da Uvigo «Observatorio para a Gobernanza G3».
Teléfono e whatsapp: 664 477 245
briones@redebosquesatlanticos.com