MANTEMENTO E RECUPERACIÓN DE ESPAZOS naturais

Rede Galega de Bosques
Atlánticos Antiguos.com

PRESERVACIÓN MEDIOAMBIENTAL

¿Por Qué Preservar?

"Rewilding" = Renaturalizar

A deforestación e a degradación do bosque son unha ameaza constante debido a actividades de agricultura non sostible, e unha visión única e extractiva de explotación económica, e expansión urbana. Este proxecto busca financiar accións de conservación, xerando beneficios ambientais e socioeconómicos para as comunidades locais. O impacto é de diversa índole, sendo destacables a mellora da calidade de vida, a saúde física e mental de conservar a natureza como lugar de lecer e por suposto a propia conservación do medio ambiente pero non como un museo, senón como espazos de convivencia equilibrada entre o ser humano e a natureza. Activando a nivel local un equilibrio entre espazos urbanos humanizados e outros onde domine a natureza, canto máis autóctona mellor na busca dos equilibrios naturais e ancestrais das zonas. Neste punto é especialmente complexa a interacción do ser humano ca fauna, e nese punto, o do formento da biodiversidade tamén se centra,  con especial preocupación, o proxecto.

¿qué Beneficios aporta?

Obxectivos

Mitigar o deterioro de espazos naturais e mesmo promover unha preservación autosostible. De conseguirse esta preservación, polo tipo de vexetación de frondosas (carballo, abedul, vidueiro, salgueiro, cereixo e castiñeiro, entre outros) estaríase a contribuír tamén minorar no posible a extensión de incendios forestais. 

Ademais, en liña coa axenda ambiental internacional, hai un compoñente importante de recuperación e mantemento da biodiversidade da zona. Alíñase o proxecto con debates actuais sobre a necesidade de compensar a necesidade extractiva de recursos das sociedades actuais. Buscando o equilibrio entre espazos humanizados e espazos para a natureza.

Reducir a
deforestación e recuperar especies autóctonas
Crear un plan
de “refaunación” evitando os bosques silenciosos
Freo “express”
á perda de espazos naturais

economía verde para as comunidades locais

Proxectos en marcha

Proxecto do bosque atlántico de András
Proxecto do bosque-escola "Juan Manuel Pérez Eyré"
Proxecto do bosque atlántico de Sobrán
Proxecto de Monte en Corcubión
Bosque atlántico en Sobrán
Proxecto do bosque escola
Proxecto do bosque de Piñor
Proxecto de Monte Valente

Rexistros de Fauna

Raposo (Fotografía cedida pola Asoc. Ideas de Bombero
raposo (Fotografía de trampeo cedida pola asociación "ideas de bombero")
Gabitas na Illa de Arousa
Gabitas na Illa de Arousa
Mouchiños
moucho
Moucho
Marta
Marta
Aguia Ratoneira
Morcegos

Conclusións

+ Compromiso Medioambiental

O Proxecto de conservación que se presenta, representa unha oportunidade innovadora para que entidades públicas e privadas, ou particulares poidan colaborar co seu compromiso mediombiental.

Contribúe á creación dun modelo a replicar, que desde o contaxio das pequenas experiencias exitosas poida xerar unha protección a maior escala do territorio. Desde o micro ao macro, desde o local ao global. E sen renunciar ao feito certo de que a monetarización invádeo todo, asumindo á contra un esquema onde tamén encaixa a idea de pagar por preservar, como vía alternativa á falta de impulso por outras vías e nomeadamente a tradicional de lexislación medioambiental e políticas públicas. Evitando a museilización da natureza, entendendo que cada entidade local pode prever un espazo para a natureza e outro para o desenvolvemento humano.

O obxectivo final declarado do equipo de investigación da Uvigo é atopar modelos de xestión ambiental por vías alternativas ás habituais, máis rápido ante os avances da deterioración en determinadas zonas, e baseado máis no autoequilibrio natural dos espazos que na man de obra intensiva que esixe a conservación tradicional de espazos naturais. Tenta ademais sempre pensar en claves de impacto económico nas comunidades locais, a fin de lexitimar as iniciativas, en lugar de empregar a máis complexo labor de socialización en valores ou concienciación ambiental, que é moito máis lenta nunha natureza que precisa solucións tan rápidas como avanza a súa destrucción.

dirección do proxecto

Óscar Briones, profesor do Grao de Dirección e Xestión Pública da Universidade de Vigo (UVigo) e do Máster en Dirección Pública e Liderado Institucional, é membro do grupo de investigación Observatorio da Gobernanza. Emprende esta viaxe a modo de proxecto vital -persoal e profesional-, que ten como obxectivo principal a protección do territorio e a biodiversidade e introducir no debate público a necesidade de aumentar o freo ao deterioro dos montes, bosques e espazos naturais, empezando por zonas moi presionadas como os concellos do Salnés nas das Rías Baixas, pero sen unha limitación xeográfica definida.  

Para elo utilizará a cobertura científica do equipo de investigación da Uvigo (composto por politologas, expertos en análise de políticas públicas, economistas e xuristas), así como os anos de profesión, investigación e asesoramento, manexando disciplinas como a negociación, a análise de políticas públicas, a investigación científica, a lexilación do sector, o coñecemento do funcionamento das Administracións públicas, dos partidos políticos e gobernos multinivel, e do sector público en xeral.

O proxecto na prensa

Fecha

Titular

Medio

4/4/24

Un profesor universitario abre la agenda de restauración ecológica en Galicia con el rewilding

La Voz de Galicia

24/4/24

A iniciativa dun profesor universitario para frear a deterioración ambiental en Galicia

GCiencia

28 /4/24

Un proyecto para frenar el deterioro de los espacios naturales de Vilagarcía

Diario de Arousa

28/5/24

Adquirir bosques para conservarlos

Diario de Arousa

29/5/24

Un vilagarciano propone créditos de carbono para frenar el deterioro ambiental

Faro de Vigo

16/07/24

Entrevista en “Hoy por hoy Arosa”

Cadena Ser

19/7/24

O Observatorio da Gobernanza asesorará os cadros directivos da Administración de Angola

Diario da Universidade de Vigo

10/2/25

Financiación privada para activar una red de bosques atlánticos antiguos en las Rías Baixas

La Voz de Galicia

9/4/25

O Observatorio da Gobernanza impulsa un acordo para o ‘patrocinio’ dun bosque en Vilanova de Arousa 

Diario da Universidade de Vigo

9/4/25

Los comuneros de András y la Universidad de Vigo se alían para preservar un bosque de frondosas

Diario de Arousa

9/4/25

Entrevista en Radio Nacional de España

Radio Nacional

9/4/25

András acogerá el primer bosque antiguo que crecerá en las Rías Baixas

La Voz de Galicia

10/4/25

La Universidade de Vigo impulsa el patrocinio de un bosque de Vilanova para su cuidado e investigación

Faro de Vigo

10/04/25

Entrevista en “Hoy por hoy Arosa” sobre el convenio con el monte de András

Cadena Ser

25/5/25

La red de bosques antiguos atlánticos avanza en Arousa y suma ya 25 hectáreas

La Voz de Galicia

25/5/25

La Universidad de Vigo apuesta por la conservación forestal en Sobrán

Faro de Vigo

Alianzas do Proxecto

Institucións e Empresas colaboradoras

Comunicación - Contacta

¿interésache o Proxecto?

Asociacións, empresas, particulares ou Administraciónns públicas interesadas no proxecto de creación e preservación de bosques autóctonos nas súas áreas locais, en calquera zona de Galicia, poden escribir ao equipo de investigación co fin de promover unha iniciativa semellante aumentando os espazos desta Rede de Bosques Atlánticos creada recentemente polo equipo da Uvigo «Observatorio para a Gobernanza G3».

Teléfono e whatsapp: 664 477 245

briones@redebosquesatlanticos.com