¿Por Qué Preservar?
"Rewilding" = Renaturalizar
A deforestación e a degradación en xeral da natureza e os bosques son unha ameaza constante debido a actividades de agricultura non sostible, unha visión única e extractiva de explotación económica da natureza, e unha lóxica unívoca de expansión. Este proxecto busca como contrapartida ou freo ao deterioro e financiar accións de recuperación e conservación, xerando beneficios ambientais e socioeconómicos para as comunidades locais. O impacto é de diversa índole, sendo destacables a mellora da calidade de vida, a saúde física e mental como efecto de conservar a natureza como lugar de lecer e por suposto a propia conservación do medio ambiente e os seus habitantes pero non como un museo, senón como espazos de convivencia equilibrada entre o ser humano e a natureza. Activando a nivel local un equilibrio entre espazos urbanos humanizados e outros onde domine a natureza, canto máis autóctona mellor na busca dos equilibrios naturais e ancestrais das zonas.
Neste punto é especialmente complexa a interacción do ser humano ca fauna, e nese punto, o do formento da biodiversidade tamén se centra, con especial preocupación, o proxecto intentando recuperar os «bosques vivos», cos animais correspondentes, en lugar dos «bosques silenciosos ou defaunados» que ás veces supoñen un esceario imponente…pero sen actores…
Buscando a practicidade exploramos, dende o equipo de investigación, fórmulas xurídicas e de financiación de diversa índole, ca lóxica de atopar modelos escalables ou replicables que poidan usar comunidades de montes, veciños en fincas privadas ou institucións públicas que posúan terreos aínda non urbanizados.
Detrás, además de atopar vías de financiación na chamada economía verde, está a inquedanza por poñer en valor a natureza como ben común, ou como se está a utilizar últimamente, como un «servizo ecosistémico» que proporciona espazos de esparcimento, mellora na saúde mental e física, convivencia humana compatible ca natureza e parapeto aos efectos do cambio climático e aos denominados incendios de cuarta xeración.
¿qué Beneficios aporta?
Obxectivos
Atopar fórmulas e modelos para que a Comunidades, Administracións e particulares lles compense a preservación máis ala de compartir a lóxica de conservación medioambiental. Especialmente se exploran fórmulas de financiación para os particulares e comunidades de montes, para que vexan na preservación o coidado dun ben común pero tamén unha forma de desenvolvemento económico compatible co mantemento da natureza.
Mitigar o deterioro de espazos naturais e mesmo promover unha preservación autosostible. De conseguirse esta preservación, polo tipo de vexetación de frondosas (carballo, abedul, vidueiro, salgueiro, cereixo e castiñeiro, entre outros) estaríase a contribuír tamén minorar no posible a extensión de incendios forestais.
Ademais, en liña coa axenda ambiental internacional, hai un compoñente importante de recuperación e mantemento da biodiversidade da zona. Alíñase o proxecto con debates actuais sobre a necesidade de compensar a necesidade extractiva de recursos das sociedades actuais. Buscando o equilibrio entre espazos humanizados e espazos para a natureza.
Reducir a
deforestación e recuperar especies autóctonas
Crear un plan
de “refaunación” evitando os bosques silenciosos
Freo “express”
á perda de espazos naturais
economía verde para as comunidades locais
Patrocina ou colabora co teu Bosque (Proxectos en Marcha)
Rexistros de Fauna (Fotos e vídeos)
Compromiso Medioambiental
O Proxecto de conservación que se presenta, representa unha oportunidade innovadora para que entidades públicas e privadas, ou particulares poidan colaborar co seu compromiso mediombiental.
Contribúe á creación dun modelo a replicar, que desde o contaxio das pequenas experiencias exitosas poida xerar unha protección a maior escala do territorio. Desde o micro ao macro, desde o local ao global. E sen renunciar ao feito certo de que a monetarización invádeo todo, asumindo á contra un esquema onde tamén encaixa a idea de pagar por preservar, como vía alternativa á falta de impulso por outras vías e nomeadamente a tradicional de lexislación medioambiental e políticas públicas. Evitando a museilización da natureza, entendendo que cada entidade local pode prever un espazo para a natureza e outro para o desenvolvemento humano.
O obxectivo final declarado do equipo de investigación da Uvigo é atopar modelos de xestión ambiental por vías alternativas ás habituais, máis rápido ante os avances da deterioración en determinadas zonas, e baseado máis no autoequilibrio natural dos espazos que na man de obra intensiva que esixe a conservación tradicional de espazos naturais. Tenta ademais sempre pensar en claves de impacto económico nas comunidades locais, a fin de lexitimar as iniciativas, en lugar de empregar a máis complexo labor de socialización en valores ou concienciación ambiental, que é moito máis lenta nunha natureza que precisa solucións tan rápidas como avanza a súa destrucción.
dirección do proxecto
Óscar Briones, profesor do Grao de Dirección e Xestión Pública da Universidade de Vigo (UVigo) e do Máster en Dirección Pública e Liderado Institucional, é membro do grupo de investigación Observatorio da Gobernanza G3. Emprende esta viaxe a modo de proxecto vital -persoal e profesional-, que ten como obxectivo principal contribuir á protección do territorio e a biodiversidade e introducir no debate público a necesidade de aumentar o freo ao deterioro dos montes, bosques e espazos naturais, empezando por zonas moi presionadas como os concellos do Salnés nas Rías Baixas, pero sen unha limitación xeográfica definida.
Para elo utilizará a cobertura científica do equipo de investigación da Uvigo (composto por politologas, expertos en análise de políticas públicas, en organizacións do terceiro sector, economistas e xuristas), así como os anos de profesión, investigación e asesoramento, manexando disciplinas como a negociación, a análise de políticas públicas, a investigación científica, a lexilación do sector, o coñecemento do funcionamento das Administracións públicas, dos partidos políticos e gobernos multinivel, e do sector público en xeral. Ademais está en contacto con colegas da Uvigo expertos na parte técnica da protección e recuperación de espazos naturais, como biólogos, enxeñeiros forestais, zoologos, etc.
O proxecto na prensa
Fecha | Titular | Medio |
4/4/24 | Un profesor universitario abre la agenda de restauración ecológica en Galicia con el rewilding | La Voz de Galicia |
24/4/24 | A iniciativa dun profesor universitario para frear a deterioración ambiental en Galicia | GCiencia |
28 /4/24 | Un proyecto para frenar el deterioro de los espacios naturales de Vilagarcía | Diario de Arousa |
28/5/24 | Diario de Arousa | |
29/5/24 | Un vilagarciano propone créditos de carbono para frenar el deterioro ambiental | Faro de Vigo |
16/07/24 | Entrevista en “Hoy por hoy Arosa” | Cadena Ser |
19/7/24 | O Observatorio da Gobernanza asesorará os cadros directivos da Administración de Angola | Diario da Universidade de Vigo |
10/2/25 | Financiación privada para activar una red de bosques atlánticos antiguos en las Rías Baixas | La Voz de Galicia |
9/4/25 | O Observatorio da Gobernanza impulsa un acordo para o ‘patrocinio’ dun bosque en Vilanova de Arousa | Diario da Universidade de Vigo |
9/4/25 | Los comuneros de András y la Universidad de Vigo se alían para preservar un bosque de frondosas | Diario de Arousa |
9/4/25 | Entrevista en Radio Nacional de España | Radio Nacional |
9/4/25 | András acogerá el primer bosque antiguo que crecerá en las Rías Baixas
| La Voz de Galicia |
10/4/25 | Faro de Vigo | |
10/04/25 | Entrevista en “Hoy por hoy Arosa” sobre el convenio con el monte de András | Cadena Ser |
25/5/25 | La red de bosques antiguos atlánticos avanza en Arousa y suma ya 25 hectáreas | La Voz de Galicia |
25/5/25 | La Universidad de Vigo apuesta por la conservación forestal en Sobrán | Faro de Vigo |
11/6/25 | Diario de Pontevedra | |
12/6/25 | https://www.farodevigo.es/arousa/2025/06/12/concello-uvigo-crearan-bosque-escuela-118521521.html | Faro de Vigo |
12/6/25 | La voz de Galicia | |
19/6/25 | Efe verde | |
19/6/25 | Efe verde | |
28/8/25 | Diario de Arousa | |
1/9/25 | La Voz de Galicia | |
1/9/25 | Entrevista en Radio Nacional (Pontevedra) | Radio Nacional |
19/11/25 | La Voz de Galicia | |
18/11/25 | https://www.pontevedraviva.com/es/general/vilagarcia-bosque-escola-xiabre-perez-eyre_512085_102.html | Pontevedraviva |
18/11/25 | https://diariodearousa.elidealgallego.com/vilagarcia/2025-11-18/ravella-lleva-a-pleno-el-convenio-con-la-uvigo-para-crear-el-bosque-escuela-juan-manuel-perez-eyre-819072.html | Ideal gallego |
19/11/25 | https://www.farodevigo.es/arousa/2025/11/19/ravella-lleva-pleno-impulsar-bosque-123872162.html | Faro de Vigo |
21/11/25 | Entrevista en Ser Arosa | Cadena Ser |
Alianzas do Proxecto
Entidades colaboradoras

CONCELLO DE CORCUBIÓN
CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA
COMUNIDADE DE MONTES DE SOBRÁN
Comunicación - Contacta
¿interésache o Proxecto?
Asociacións, empresas, particulares ou Administraciónns públicas interesadas no proxecto de creación e preservación de bosques autóctonos nas súas áreas locais, en calquera zona de Galicia, poden escribir ao equipo de investigación co fin de promover unha iniciativa semellante aumentando os espazos desta Rede de Bosques Atlánticos creada recentemente polo equipo da Uvigo «Observatorio para a Gobernanza G3».
Chamada ou mensaxe por whatsapp: 664 477 245
briones@redebosquesatlanticos.com
https://www.instagram.com/redebosquesatlanticos/

