Poñemos en marcha o programa Señora Rewilding, unha iniciativa que nace co obxectivo de impulsar a renaturalización, recuperar a biodiversidade e fortalecer o vínculo entre as persoas e a natureza. A través deste programa, queremos promover novas formas de coidar o territorio, poñendo en valor os ecosistemas e os saberes locais.
Señora Rewilding aposta por unha transformación positiva da contorna, na que a conservación da natureza e a participación social camiñen da man.
Este novo proxecto abre as portas a un futuro máis sostible, resiliente e respectuoso co medio natural.
Con moita ilusión, damos comezo a esta aventura colectiva, convencidas de que cada paso conta para construír un territorio máis vivo e biodiverso.
Comezamos co programa de Emilio Saborido, de FOusas ao Monte, na zona de Pico Muralla, en Rianxo.

