Desta volta será no Concello de Corcubión onde a Uvigo, por mediación do Observatorio da Gobernanza G3, tentará axudar á Institución municipal na creación dun bosque autóctono onde había un eucaliptal.
Deste xeito aumentaríanse as experiencias de xestión para a preservación de bosque autóctono que este equipo de investigación nas que este equipo de investigación intenta colaborar, ás veces como promotor principal, ás veces como colaborado coma neste caso.
Corcubión, e o seu monte de San Andrés, poderían ser así un novo modelo de xestión -desta volta cunha variante de terreo público e autofinanciación ca tala previa do eucaliptal- que introduce unha orixinal e pouco costosa forma de reivindicar que non todo está perdido. Que o monte galego, ben entendido, cas súas especies autóctonas e o respeito á biodiversidade correspondente, ten futuro.

