Actividade de censo de morcegos

 

Grazas ao traballo da «Asociación ideas de Bombero» e a «Asociación de Morcegos de Galicia» iniciamos a colaboración co paraugas do noso convenio no monte de András, para realizar unha actividade de censo ou mostreo de morcegos na zona.

Todo elo grazas tamén á empresa que colabora na financiación deste bosque de frondosas, a conserveira Antonio Pérez Lafuente S.A. e que xa viña colaborando noutras zonas de Galicia na protección do morcego.

Cómpre lembrar que os morcegos son bos eliminadores da procesionaria, polo que dende a propia comunidade de montes de András celebran que se actúe para mellorar a presenza destes animáis tan populares e non sempre ben tratados a nivel mediático.

En este momento estás viendo Actividade de censo de morcegos